A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidos | Localidade | Actividade |
---|---|---|
Cloti Rodriguez Rebón | Ares | |
Xose Manoel Firvida Plaza | Ourense | Professor |
Francisco Vilariño Pérez | Ferrol | Técnico Laboratorio |
Francisco López Bermúdez | Teo | Investigador |
Tania Gómez | ||
Josefa rodas garcia | Moaña | Coidadora |
MONTSE IRAGO AGRA | A Coruña | Graduada en RRLL e RRHH |
Lola Barbeito Casmaño | Culleredo | Desenvolvemento web |
María del Carmen Paredes Alves | Moaña | |
Marta Lloves Franco | A Coruña | Funcionaria |
ERNESTO LOPEZ REI | A CORUÑA | TRABALLADOR |
Saúl Vérez | LUGO | Informático |
Filippo Mariño de Araujo | Girona | Digital Marketing |
Jose Manuel | Culleredo | Gerente |
Xosé Senén Carrón Curros | A Coruña | Atención ao cliente |
Xesús Anxo Barreiro Núñez | Parga (Guitiriz), LUGO | Pensionista |
Emilio Núñez Argiz | Santiago de Compostela | Tradutor |
M. de los Ángeles Coira López | FENE | Concelleira |
Alberte Alonso A. Pereira | O Rosal | Funcionario |
Segundo Gonzalez Gonzalez | Vigo | Xubilado |
Carlos Fungueiriño Argibay | Vigo | Almaceneiro |
Estéfano Farre Fernández | Lobios | Estudante |
Nerea Cazás Fraga | Narón | Bióloga |
Miguel A. Neira Romero | Valdovinho | Pensionista |
Diana Cendán | Cedeira | Opositora |
Maria Reyes Campos Ardá | Vigo | Formadora |
Manuel Fernandez Lopez | Parga -Guitiriz | Pensionista |
José Manuel Sueiro Lamas | A Coruña | Operario de limpieza |
Pablo Álvarez Rodríguez | Vigo | Obreiro |
Mariel Oubiña Vázquez | Cambados | Docente |