A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!

2470 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
5637 Mos 22 de Outubro de 2024
5893 Boqueixón 22 de Outubro de 2024
6149 Santiago de Compostela 23 de Outubro de 2024
6405 Teo 24 de Outubro de 2024
6661 Lugo 6 de Novembro de 2024
6917 Boiro 15 de Novembro de 2024
5126 Santiago de Compostela 21 de Outubro de 2024
5382 Tui 21 de Outubro de 2024
5638 Tordoia 22 de Outubro de 2024
5894 Narón 22 de Outubro de 2024
6150 Pontevedra 23 de Outubro de 2024
6406 24 de Outubro de 2024
6662 Monterroso 6 de Novembro de 2024
6918 Allariz 15 de Novembro de 2024
7430 Tui 19 de Febreiro de 2025
5383 Vedra 21 de Outubro de 2024
5639 Ferrol 22 de Outubro de 2024
5895 Lugo 22 de Outubro de 2024
6151 Vigo 23 de Outubro de 2024
6407 Vigo 24 de Outubro de 2024
6919 Oleiros 15 de Novembro de 2024
5128 A Coruña 21 de Outubro de 2024
5384 Vigo 21 de Outubro de 2024
5640 Brión 22 de Outubro de 2024
5896 O Grove 22 de Outubro de 2024
6152 Santiago de Compostela 23 de Outubro de 2024
6408 Mugardos 24 de Outubro de 2024
6664 Monterroso 6 de Novembro de 2024
6920 Ortigueira 15 de Novembro de 2024
5129 Lugo 21 de Outubro de 2024

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.