A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
| Record ID | Concello | Asociación/Colectivo (só no caso que sexa unha sinatura na súa representación) | Date Recorded |
|---|---|---|---|
| 6670 | Paderne | Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal | 6 de Novembro de 2024 |
| 6832 | Soutomaior | Asociación Cultural Irmandiñas de Soutomaior | 11 de Novembro de 2024 |
| 6796 | Ponteceso | Asociación Cultural Insua de Viastela de Corme | 10 de Novembro de 2024 |
| 7244 | Quiroga | Asociación Cultural Folclórica Montefurado | 23 de Xaneiro de 2025 |
| 7242 | Santiso | Asociación Cultural Fol da Chousa | 23 de Xaneiro de 2025 |
| 7191 | Melide | Asociación Cultural Ecoloxista "Curuxás" | 18 de Xaneiro de 2025 |
| 7200 | Santiso | Asociación cultural e veciñal O NOSO LAR | 19 de Xaneiro de 2025 |
| 7259 | Arzúa | Asociación Cultural e Musical O Bringuelo | 23 de Xaneiro de 2025 |
| 6697 | A Illa de Arousa | Asociación cultural DS Illa de Arousa | 6 de Novembro de 2024 |
| 5165 | Carral | Asociación Cultural Cultura Aberta | 21 de Outubro de 2024 |
| 6867 | Teo | ASOCIACION CULTURAL COLECTIVO A RULA | 13 de Novembro de 2024 |
| 6600 | Moaña | Asociación Cultural Colaila | 1 de Novembro de 2024 |
| 7178 | Castro de Rei | Asociación Cultural Chaíño | 17 de Xaneiro de 2025 |
| 7185 | Santiso | Asociación Cultural Banda Escola de Música de Visantoña | 18 de Xaneiro de 2025 |
| 7229 | Riotorto | Asociación Cultural Avelino Díaz | 22 de Xaneiro de 2025 |
| 7228 | Riotorto | Asociación Cultural Arrincadeira | 22 de Xaneiro de 2025 |
| 6873 | A Coruña | Asociación Cultural Alexandre Bóveda | 13 de Novembro de 2024 |
| 7319 | Castrelo de Miño | Asociación Cultural Aldea Vella | 29 de Xaneiro de 2025 |
| 7167 | Ribadeo | Asociación Cultural a Tribo da Travesía | 15 de Xaneiro de 2025 |
| 6896 | A Pobra do Caramiñal | Asociación Cultural A Trastenda | 14 de Novembro de 2024 |
| 7113 | Camariñas | Asociación Cultural A Folja da Faneca de Camelle | 11 de Xaneiro de 2025 |
| 7292 | Ribadavia | Asociación Cultural A Esfarna do Ribeiro | 25 de Xaneiro de 2025 |
| 6863 | Barro | ASOCIACION CULTURA E XUVENTUDE DE BARRO | 13 de Novembro de 2024 |
| 5080 | Outes | Asociación Cívico Cultural Terra de Outes | 20 de Outubro de 2024 |
| 7537 | Lugo | Asociación Cidadá contra a letra pequena - CONLUPA | 28 de Xullo de 2025 |
| 7313 | Lugo | Asociación Cidadá contra a letra pequena - CON LUPA | 27 de Xaneiro de 2025 |
| 5072 | Burela | Asociación Camiña | 19 de Outubro de 2024 |
| 5914 | Ponteareas | ASOCIACIÓN ATENEO AMADO GARRA | 22 de Outubro de 2024 |
| 7174 | Ribadeo | Asociación Amigos da Gaita Galega | 16 de Xaneiro de 2025 |
| 6593 | A Laracha | Asociación A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantiños | 30 de Outubro de 2024 |
