Este 17 de maio, malia todas as limitacións, voltamos a ter unha cita para que o galego non siga confinado.

Todo o día:

Pendura a bandeira galega da túa xanela ou varanda e os cartaces disponíbeis aquí (tamén para pintaren as nenas e nenos)

Ás 12h:

Maniféstate nas redes con mensaxes escritas, vídeos, fotografías, audios… utilizando as etiquetas #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego #17demaio #Eufalogalego

Ás 13h: Sae á xanela a cantar: A fala (letra: Manuel María; música Uxía- Sérgio Tannus)

Nota de imprensa do vídeo

Letra A fala

O IDIOMA É A CHAVE
COA QUE ABRIMOS O MUNDO:
O SALOUCO MÁIS FEBLE,
O PENSAR MÁIS PROFUNDO.

O IDIOMA É A VIDA,
O COITELO DA DOR,
O MURMURIO DO VENTO,
A PALABRA DE AMOR.

 

AIALA LALA…

O IDIOMA É O TEMPO,
É A VOZ DOS AVÓS
E ESE BREVE RONSEL
QUE DEIXAREMOS NÓS.

O IDIOMA É UN HERDO,
PATRIMONIO DO POBO,
MAXICAMENTE VELLO,
ETERNAMENTE NOVO.


AIALA LALA…(BIS)


O IDIOMA É A FORZA
QUE NOS XUNGUE E SOSTÉN.
¡SE PERDEMOS A FALA
NON SEREMOS NINGUÉN!

RENUNCIAR AO IDIOMA
É SER MUDO E MORRER.
¡PRECISAMOS A LINGUA
SE QUEREMOS VENCER!

AIALA LALA…(BIS)