En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

2496 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
5644 Melón Asociación de veciños "Coto da Man da Moura" de Barcia 22 de Outubro de 2024
7231 Riotorto Asociación de veciñas e veciños de Órrea 22 de Xaneiro de 2025
6799 A Coruña Asociación de tocadoras galegas Somos Pandeireteiras 10 de Novembro de 2024
6586 Moaña Asociación de recuperación embarcacións tradicionais 30 de Outubro de 2024
6852 Pontevedra Asociacion de Palilleiras A Fiesitiña 12 de Novembro de 2024
6858 Pontevedra Asociación de Mulleres Amarinda Mourente 12 de Novembro de 2024
7175 Moaña Asociación de Jazz de Moaña 16 de Xaneiro de 2025
7225 Ribadeo Asociación de Irmandade Ribadeo-Loktudi 21 de Xaneiro de 2025
6824 Asociación de Gaiteiros Galegos 11 de Novembro de 2024
7230 Riotorto Asociación de Ferreiros 22 de Xaneiro de 2025
7306 Moaña Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer e outras Demencias do Morrazo - AFAMO 27 de Xaneiro de 2025
5087 Santiago de Compostela Asociación de Escritoras en Lingua Galega 20 de Outubro de 2024
6787 A Coruña Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega 10 de Novembro de 2024
7197 Arzúa Asociación Cutinocho 19 de Xaneiro de 2025
7380 O Carballiño Asociación Cultural TERRAS DO ARENTEIRO 13 de Febreiro de 2025
7258 Melide Asociación Cultural Terra de Melide 23 de Xaneiro de 2025
6803 Negreira Asociación cultural Son Terra 10 de Novembro de 2024
7542 A Coruña ASOCIACION CULTURAL SON D'AQUÍ 12 de Novembro de 2025
6837 Pontevedra Asociación cultural San Cibran 11 de Novembro de 2024
7304 Carballo Asociación Cultural San Campio de Cances 27 de Xaneiro de 2025
6779 Padrón Asociación Cultural Rosalía de Castro de Padrón 10 de Novembro de 2024
7152 Ribadeo Asociación Cultural Ronqueta 14 de Xaneiro de 2025
6783 Malpica de Bergantiños Asociación cultural Raigañas 10 de Novembro de 2024
7254 Arzúa Asociación Cultural Piknitas 23 de Xaneiro de 2025
6773 Valga Asociación Cultural Os Penoucos 9 de Novembro de 2024
7091 Rianxo Asociación cultural Ondiñas Mainas 11 de Xaneiro de 2025
7523 Vimianzo Asociación Cultural O Castelo de Vimianzo 10 de Maio de 2025
7103 Camariñas Asociación Cultural Naufraxios Galegos 11 de Xaneiro de 2025
7172 Pontevedra Asociación Cultural Maravallda 16 de Xaneiro de 2025
7297 Pontevedra Asociación Cultural Maio Longo 25 de Xaneiro de 2025