En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

2470 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
5115 As Neves 21 de Outubro de 2024
5371 Catoira 21 de Outubro de 2024
5883 Allariz 22 de Outubro de 2024
6395 A Guarda 24 de Outubro de 2024
6651 A Illa de Arousa 6 de Novembro de 2024
6907 Val do Dubra 15 de Novembro de 2024
7163 Paderne 15 de Xaneiro de 2025
5116 O Carballiño 21 de Outubro de 2024
5372 Crecente 21 de Outubro de 2024
5628 Lalín 22 de Outubro de 2024
5884 22 de Outubro de 2024
6140 Agolada 23 de Outubro de 2024
6396 Ferrol 24 de Outubro de 2024
6652 Monterroso 6 de Novembro de 2024
6908 Samos 15 de Novembro de 2024
5117 21 de Outubro de 2024
5373 A Coruña 21 de Outubro de 2024
5629 A Coruña 22 de Outubro de 2024
5885 Ourense 22 de Outubro de 2024
6141 Lugo 23 de Outubro de 2024
6397 A Coruña 24 de Outubro de 2024
6653 Santiago de Compostela 6 de Novembro de 2024
6909 Santiago de Compostela 15 de Novembro de 2024
7165 Paderne 15 de Xaneiro de 2025
7421 Campo Lameiro 18 de Febreiro de 2025
5118 Oroso 21 de Outubro de 2024
5374 Cabana de Bergantiños 21 de Outubro de 2024
5630 Moaña 22 de Outubro de 2024
5886 Ames 22 de Outubro de 2024
6142 23 de Outubro de 2024