En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.
Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.
A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.
Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.
O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.
Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.
Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.
Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.
| Record ID | Concello | Asociación/Colectivo (só no caso que sexa unha sinatura na súa representación) | Date Recorded |
|---|---|---|---|
| 6258 | Vilariño de Conso | Asociacion socioculturale rural do cenza | 23 de Outubro de 2024 |
| 6709 | Betanzos | ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL ZONA HADAL | 6 de Novembro de 2024 |
| 5470 | Pontevedra | Asociación Sociocultural Cedofeita | 21 de Outubro de 2024 |
| 7277 | Ferrol | Asociación Socio-Cultural Muíño do Vento | 23 de Xaneiro de 2025 |
| 7238 | Arzúa | ASOCIACION SOCIO CULTURAL FESTA DA GAITA GALEGA | 23 de Xaneiro de 2025 |
| 6556 | Maside | asociacion socio cultural a fonte de a touza | 29 de Outubro de 2024 |
| 7198 | A Coruña | Asociación Pro-Fundación Manoel Vello | 19 de Xaneiro de 2025 |
| 6888 | O Grove | ASOCIACIÓN POLA MEMORIA HISTÓRICA DO GROVE | 14 de Novembro de 2024 |
| 6004 | Viveiro | Asociación Pensamento e sementeira (Viveiro) | 22 de Outubro de 2024 |
| 7533 | Narón | Asociación para o Desenvolvemento Cultural i Económico Xebra | 9 de Xullo de 2025 |
| 6812 | Barro | Asociación musical Cultura tirante | 11 de Novembro de 2024 |
| 6830 | Cerdedo-Cotobade | Asociación Mulleres Creativas de Quireza | 11 de Novembro de 2024 |
| 6554 | Moaña | Asociación Moaña AntiQua | 29 de Outubro de 2024 |
| 6887 | Vilagarcía de Arousa | ASOCIACIÓN LOBISOME | 14 de Novembro de 2024 |
| 6784 | Betanzos | ASOCIACIÓN LAR DE UNTA | 10 de Novembro de 2024 |
| 6578 | Moaña | Asociación Jamming Morrazo | 30 de Outubro de 2024 |
| 6788 | Cabana de Bergantiños | Asociacion INTEGRO | 10 de Novembro de 2024 |
| 7530 | Asociación Galiza por Palestina | 15 de Maio de 2025 | |
| 7246 | Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional | 23 de Xaneiro de 2025 | |
| 7361 | Santiago de Compostela | Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) | 6 de Febreiro de 2025 |
| 6139 | Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación | 23 de Outubro de 2024 | |
| 7303 | Moaña | Asociación Folclórica BREOGÁN de MOAÑA | 26 de Xaneiro de 2025 |
| 7057 | Rianxo | Asociación Festival Rock in Rian | 11 de Xaneiro de 2025 |
| 7417 | Castrelo de Miño | Asociación Festa da Anguía Castrelo de Miño | 18 de Febreiro de 2025 |
| 6700 | Pontevedra | Asociación Feminista "Comando Mazá" | 6 de Novembro de 2024 |
| 7205 | Boimorto | Asociación Deportiva,Gastronómica, Cultural e AmbientalRÁPIDO DE DORMEÁ | 19 de Xaneiro de 2025 |
| 7249 | Asociación Deportiva Abencos | 23 de Xaneiro de 2025 | |
| 6861 | Pontevedra | ASOCIACION DE VECIÑOS SAN BIEITO DE LÉREZ | 13 de Novembro de 2024 |
| 6853 | Pontevedra | Asociación de Veciños O Mirador | 12 de Novembro de 2024 |
| 7446 | Dodro | Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño | 20 de Febreiro de 2025 |
