Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Fernando Pereira González A Coruña Bibliotecario
Amantia Coello Rodríguez A Coruña Psicóloga
Xulia Canoura Diaz Viveiro
Ramón Cabanas Gómez Vigo Xubilado
Mariña Otero
Isabel López Leira Lugo Xubilada
Miguel Fernández Labrada Pol Doutorando
Xosé María Facal Abelefo Lalin Profesor
Carlos santalo rios Vigo Acuicultor
Daniel López Arias Marín E.nfermeiro
Celsa garcía pérez Ferrol
Maria del Mar Pena Garcia Sada Servicios
Pablo González San Agustín Ferrol Terapeuta
Chisco Amado Valdoviño
Mariño Fernández Cambeiro Carnota Estudante
Sabela Roca Paz Vilalba Estudante de Medicina
Ana Isabel Crespo Pardo Compostela Administrativa
Castor Rodriguez Travieso Ourense Xubilado
Ramón Daniel Regueiro Espiño Compostela Estudante
Mª de la Concepción Loira Villanueva A Coruñs Xubilada
Anxo Lopez Baranga Barcelona Xubilado
Hélade Sotomayor Pérez A Coruña Bioquímica
Diana Morales Rodriguez Ourense Empregada de banca
José Carlos Jorge Rodríguez O Savińao Conductor
Luís Chan Lamelas O Grove
Carolina Porto Paderne Compostela Enxeñeira de montes
Alejandro Ferro Balseiro Viveiro Operario Aluminio
ROGELIO MANUEL CARBALLA BARROSO
ÁNGELES SÁNCHEZ CURROS ÁNGELES SÁNCHEZ CURROS Cambre
Matilde Fernández Calvo Catoira Profesora de secundaria