Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Ana Sebio Peña Santiago de compostela Xubilada
Xiana Rodriguez Gómez Pontevedra Comercial
MARIETA BARRAL HUERTAS COMPOSTELA Desempregada
Francisco García Cobas Mos Xornalista
Miguel Vieito Villar Lugo Avogado
Alberte Branco Díaz Compostela Cineasta
Manuel Fernández. López Parga (Guitiriz) Pensionista
Mª de la concepción Rodriguez Alvarez Carballiño Nai e Aboa
Malena Tenreiro Alonso A Coruña Tramitación procesual
Iago Alcántara Álvarez Vigo Estudante de Medicina
Nuria Pérez Espasandín Vimianzo
Alexandre Rey López A Estrada Estudante de medicina
Serezabel Rodríguez Rico Oleiros Educadora
Xoán Carlos Bascuas Jardón Santiago de Compostela Docente
Lucía Santos Omil Marín
Diego Rivadulla A Coruña
Suso García Meira - Moaña
Xosé Vicenzo Freire Lestón Vilagarcía de Arousa Docente e historiador
Julio Alfredo Villamarin Díaz Lugo Parado
Xemma Fernández O Barco de Valdeorras Profesora
luisa naveiro lopez sada xubilada
Mitsou Ulrike Muller Hermann Vilamartin de Valdeorras Practicante
Xosé Manuel Carrera Carrera Vigo Autónomo
Martiña Fernández Cuntis Hixienista bucodental
M.Xesús López Escudeiro Santiago Ensinante xubilada
Manuel Geremías Carnero Viena CEO Esteves Group
Edgar Ramirez RRHH
Iago Diéguez Porto PONTEVEDRA MEDICINA
Xose Maria Torné Santiago de Compostela Comunicaçom
Brais Ramallo Lopez Noia Contable