Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Consuelo González Vigo mestre
Lupe lado ret Carral
Francisco González Huerta A Coruña Pensionista
Xosé A. Soto Bello Santiago de Compostela Mestre
Ramón Couce Blanco Ames arquitecto técnico
Dorinda Domínguez Couto Lalín Turismo
Ana Lombardero Morán Muimenta
Susana Garcia Ferreiro Santa Comba Profesora Secundaria
Xoán Antonio Pillado Silvoso Cambados
Evaristo Zas Gomez A Coruña Docente
Isabel Vázquez
Concepción Hernández Corral A Coruña Profesora
Mariana Rivera Civeira San Amaro, Ourense Estudante
Jose Fco Novo Perez O Milladoiro-Ames Marino
David Antonio Iglesias Seoane Allariz Teleoperador
Rosario Piñeiro Muros
Xesús Sánchez Costa Lugo Trab. Administración Xustiza
Xacinta Varela Muros
M Teresa Grande Grande Barcelona Administrativa
Xosé Santos Otero Ourense Sevizos forestais públicos
Obdulia Aira López Guitiriz Administrativa
Ana Glez Gamalo Lalín Mestra
Cecilia Ramil López Ferrol Estudante de Medicina
Dolores Vázquez Torrón Lugo Profesora
Minia sanjuas rey Vigo Docente
Xesús Prieto Blanco
Lucas Martins Fernandez Ribadeo Estudante
Sonia LOPEZ VARELA Guntín de Pallares Docente
xose lourido aguiar meira xubilado
Beatriz Insua Gómez Santiago de Compostela Parada