Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Rubén Perdiz alvarez Muinhos Axente medioambiental
V. Arza Courel Arquitecta
Xose de Navia Vigo Xubilado
Mª de los Ángeles Dono López A Estrada Mestra
José Alberto Pérez Vazquez Ourense Bombero forestal
Jose Ramon Xurxo Xaneiro Ourense Crego
Carmen de la Torre Gómez Vigo Xubilada
ANTONIO FERNÁNDEZ SALGADO RIOTORTO-LUGO PROFESOR
Fernando xose Goyanes vazquez A Coruña Administrativo
Manuel Candal Castro A Coruña Xubilado
Amadeo Domínguez Estévez Lalín Xubilado
Alexandre Soto Figueroa A Coruña Profesor de ensino secundario
Eduardo González Pérez Ourense Bombeiro forestal
Víctor Suárez González Malpica Labrego
Xurxo Louro Insua Teo Barrendeiro
Apolinar Graña Varela Pamplona Profesor Universitario
Obdulia Marcos Marcos Vigo Empregada publica
Delia Vázquez Vázquez Ferrol Profesora xubilada
Oscar Lamas Longarela A Coruña
Rubén Pérez Lugo Profesor
FERNANDO LUGO ENXEÑERIA
IVAN CARIDE RODRIGUEZ VIGO ASESORAMENTO
Beatriz Fernández Lemos Vigo
David Carril Castiñeira Xaviña (Camariñas)
Jesús Silvosa Lugo Técnico audiovisual
M. Rosario Molanes González Cangas de Morrazo Mestra
Manuel Agra Villar A Coruña Profesor
Consuelo González Vigo mestre
Lupe lado ret Carral
Francisco González Huerta A Coruña Pensionista