Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Beatriz Rei Padrón
Raúl Pérez Grande Lugo Profesor
Ana Rosa Burés Miguéns A Coruña
Anxo Iglesias Covelo Teis Vigo
Iago González Pascual Vigo
Robustiano Rodríguez Veiga San Cibrao Xubilado
Victoria Crespo Novío Ames Xubilada
María Josefa Parra García A Coruña Xubilada
Xulip Gonzalez Vazqiex Ferrol Xubiladp
Pere-Albert Barrufet-Couñago GZ-36818 Ventosela/Redondela xubilado e retornado da Suiça
María Pazos Fariñas Compostela
Ramón Gándara Martínez Fene Xibilado
FRANCISCO SUSAVILA CAJARAVILLE Os Ánxeles Brion Pensionista
Nani Blanco González O Carballiño Enfermeira
María Blanco Crespo Ames Docente
Catarina Cortizas Leira Ferrol
Xerardo Fernandez Alvarez Santiago de Compostela educación
M. Belén Alonso Fariña
Xián Ardións Liñares Ames Estudante
FELIX PAZ CASTAÑAL BERTAMIRANS Profesor
María dolores muiño vila Carballo Funcionaria
Elisa Montañès Fojo Ferrol Xubilada do Ensino
Xosé Lois Moreda Rodríguez Foz Funcionario C1
Manuel Sarmiento González Oleiros Mestre
Luisa Marquez Pontevedra Mestra
Antón Silva Salvaterra Profesor
Ana María Pazo Blanco S. Compostela Xubilada da Sanidade
María Enelina Leirós Davila Vigo Celadora
Sara Hernández López O Temple Administrativa
Javier Novoa Rodríguez Vigo Pensionista