En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.
Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.
A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.
Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.
O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.
Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.
Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.
Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.
| Record ID | Concello | Asociación/Colectivo (só no caso que sexa unha sinatura na súa representación) | Date Recorded |
|---|---|---|---|
| 6737 | Pontedeva | Centro Social A Pedreira | 7 de Novembro de 2024 |
| 7392 | Ares | Centro Instrutivo, Recreativo e Social de Cervás (Ares) | 14 de Febreiro de 2025 |
| 7173 | Fene | Centro de Promoción Social San Valentín | 16 de Xaneiro de 2025 |
| 7455 | O Barco de Valdeorras | Centro de Estudos Vieiros | 21 de Febreiro de 2025 |
| 7204 | Melide | Centro de Estudos Melidenses | 19 de Xaneiro de 2025 |
| 5073 | Tui | CEIP RANDUFE | 19 de Outubro de 2024 |
| 7153 | Ponteareas | CEIP Fermín Bouza Brey | 14 de Xaneiro de 2025 |
| 6663 | Lugo | CB Cidade de Lugo | 6 de Novembro de 2024 |
| 7394 | Vigo | carreiros | 15 de Febreiro de 2025 |
| 6131 | Vigo | carreiros | 23 de Outubro de 2024 |
| 6948 | Folgoso do Courel | C@urel Vivo | 17 de Novembro de 2024 |
| 7512 | Ferrol | bratzantifa | 4 de Maio de 2025 |
| 6877 | Noia | Bosquexo Verde Estudio | 13 de Novembro de 2024 |
| 5065 | Bloque Nacionalista Galego | 18 de Outubro de 2024 | |
| 6590 | A Laracha | Billarda Campo da Feira | 30 de Outubro de 2024 |
| 6540 | A Laracha | Billarda APB A Laracha | 28 de Outubro de 2024 |
| 7422 | O Carballiño | Bar REGADAS | 18 de Febreiro de 2025 |
| 6782 | Pontevedra | Aula Castelao de Filosofía | 10 de Novembro de 2024 |
| 7420 | Ferrol | Ateneo Ferrolán | 18 de Febreiro de 2025 |
| 7566 | Vigo | Ateneo Atlantico de Vigo | 13 de Maio de 2026 |
| 7499 | Ferrol | Associaçom Cultural Artábria | 8 de Abril de 2025 |
| 7129 | Mondoñedo | Asociación Xuvenil Xoldra | 13 de Xaneiro de 2025 |
| 7005 | Malpica de Bergantiños | Asociación Visibles | 24 de Novembro de 2024 |
| 6785 | A Coruña | Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra" | 10 de Novembro de 2024 |
| 6765 | Vigo | Asociación Veciñal de Teis | 9 de Novembro de 2024 |
| 7248 | Ferrol | Asociación veciñal de Canido, O Cruceiro | 23 de Xaneiro de 2025 |
| 7199 | Melide | Asociación Troiteiros Río Furelos | 19 de Xaneiro de 2025 |
| 7496 | Lugo | Asociación Srop Suicidio Galicia | 30 de Marzo de 2025 |
| 7068 | Ribeira | Asociación Sons do Mar | 11 de Xaneiro de 2025 |
| 6733 | Lugo | Asociación socioeducativa Antonio Gandoy (Preescolar na Casa) | 7 de Novembro de 2024 |
