Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Andrés Fungueiriño Tomiño Automovil
Irene Varela Montes Barcelona Turismo
Xoan manuel Vazquez sevillano Meis Educación
Arcadio Dubra Cancio Val do Dubra
Marcos López Ledo
Lidia Carballo
Beatriz Mahía Peteiro Santiago de Compostela Economísta
Xoan Lamas Suiça Empresario
Neira Picon, Xose Luis Vigo TCAE
XESUS FERNANDEZ A CORUÑA CELADOR
Lourdes viana Eiriz A Coruña Mestra
Alberto Liñares Lamas Carballo Enxeñeiro Químico
CARLOS PEREIRA FNDEZ becerrea
Eva Villamor Chedas A Estrada Mestra
Santiago Sánchez Sánchez Ventin, Ames Estudante
Henrique García Vázquez A Coruña Mestre
Flora Peña Barrientos Dumbría Minería
Juan Lorenzo Roade A Corunha RsU
Xacobe López Castro
Anxo Oujo Corrubedo Desempregado
Javier H. Vigo Xornalista
Omar Valderas Alvarez Foz
María Mercedes Comesaña Novoa Vigo
Xesús Martínez Viceiro Fene Mecánico
Tiago Douwens Prats Versailles diversas / jurista / escola
Mercedes Pérez Lugo Funcionaria
Alberto González Iglesias Lalin Técnico laboral
Antón Pérez Astray Teo
Arximiro Bautista Villar González Santiago de Compostela Profesor de Ensino Secundario
Maria Paz Pacin Gay Monterroso