En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Xosé CASTRO RATON VILAGARCIA DE AROUSA BANCARIO
Jesús Barrio Gómez Ourense-León Profesor Educación Física
Lorena García Barcia Bertamirans Enfermeira
José Vilar Ferreiro Vilariño Frío (Montederramo) Xubilado
Elsa Quintas Alborés Vigo Avogada
Mª Anxos González Refoxo A Coruña Xubilada
Concha Louzan Fernández O Burgo-Culleredo Mestra
Noelia Pérez Fernández Pontevedra Tecnico en Emerxencias Sanitarias
Carlos Vieito Santa Comba
Antonia Martinez Diaz Ferrol Mestra
BEATRIZ ROMERO OLEIROS Medica
Alberto Blanco Rodríguez Vigo Técnico Emerxencias Sanitarias
Manuel López Louxedo A Fonsagrada Gandeiro
Marcos Fernández Rodríguez Ourense Xornalista
MARÍA TAREIXA PEREIRO GARCÍA FENE Auxiliar Administrativa Concello de Ferrol
Susana Méndez Teo Enfermeira, activista
Xela Fernández Veloso Ourense Xubilada
Iria Aldomar Dosouto Ourense Profesora
NATALIA Penelo Castroverde En Paro
Carmen Santos Alfonso Lalín Xubilada
Paulo Carril Vazquez Touro
Xesús Bermello A Coruña Profesor e sindicalista
Xurxo Amadeo Soneira Regueiro Cerceda Estudante
Camilo Pardo A Coruña Docente
Serafín Núñez Pérez Barbadás
Henrique García Vázquez A Coruña Docente
Mónica Pazos Martínez Foz Profesora
Manuel Servando Franqueira González Sada Pensionista
Manuel Mª Carnicero Méndez-Aguirre Ourense Avogado
Andres Porto Vilas Míguez Santiago de Compostela Educador Social