En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
José Manuel Souto Lamas Valdoviño Xubilado
XAN CARLOS GONZALEZ PEREZ Teo Promoción Turística
Nicolasa Castro Monteiro Pontedeume Docente
Julia Pérez Graña Vigo Sanidade
Asociación Cultural Segredos de Pantón Pantón Asociación cultural
Nosa Enerxía S.Coop.Galega Vigo Comercializadora de enerxía
Eva Pérez Salgado Vigo Traballadora función pública
Ángel Montero Campos Valga enerxía
xulio g. costas ourense
Iván García Campos Coruña, A Escritor
Jose Castro Tasende Carballo Conductor
Lucas Vázquez Ourense Enxeñeiro agrícola
Xepe Torres Reino Proupín Ensino
Marco Antón Loxo Vilas Muros Retirado
Alexandre Fernández Fernández Educador Físico Deportivo
Carme Fernández Perez-Sanjulián A Coruña Profesora UDC
Laura Arrojo Reguera Castroverde Docebte
leonisa rei castro pontedeume
Marcos Xose Seoane Vazquez Paiosaco- A Laracha Autónomo
Cándido Fernández Domínguez O Carballiño Docente
Eduardo Álvarez González Oleiros Retirado
XOSE MANOEL PAN MOSQUERA A Coruña Xubilado. Diácono
Miguel Fernández Blanco Santiago de Compostela profesor
Angeles Fernández Sánchez Ferrol Veterinaria
XOSE ALFREDO FONTÁN CALDAS DE REIS TELECOMUNICACIÓNS
Xosé Andrés Varela Fraga Oleiros Loxística
Blanca Fernández Martínex Mosteiro
Xosé Fco. Martínez Reboiras Santiago de Compostela Docencia
Miguel Moreira Barbeito Muel Docente
Xosé Antón García Ferreiro Sigüeiro. Oroso Xornalista