En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.
Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.
A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.
Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.
O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.
Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.
Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.
Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.
Nome e apelidos | Localidade | Actividade |
---|---|---|
Xosé M. Penas Patiño | Santiago | Reformado |
Adrián Hernández | Vigo | Autónomo |
Ramón Couce Blanco | Ames | Arquitecto técnico |
Andrea Martíns Fernández | Ribadeo | Profesors |
Belen González | Ourense | Freelance |
Eduardo Fernández Díaz | A Estrada | Estudante |
Olivier Arias López | Lugo | |
ALBERTE GONZALEZ RODRIGUEZ | LUGO | ARQUITECTO |
María Carmen Cacheiro Lado | Mazaricos | Docente |
Carlos gonzalez | Naron | |
Teresa Carballido Salgado | FERROL | Mestra |
Daniel Muñiz Fontoira | ||
Álvaro Xesús García Freire | Vilasantar | Traballador administración |
BENIGNO abeledo gonzalez | Lugo | Administrativo |
Marcos Abeledo González | Lugo | Integrador Social |
Cristina Álvarez Álvarez | Vigo | Bióloga |
Antía Fernández Moscoso | ||
Xoán Carlos Pardo Martínez | Carral | |
David VILAS ANTELO | Santiago | Estudante |
Xose Nel Comba Paz | Narón | Docente |
Xoán Xosé Lorenzo Lourido | Ferrol | Ensinante |
Xose Alberte Cea | Vigo | Orientador llaboral |
Rosa Valcárcel Vázquez | Compostela | Aux. Administrativa |
Manuel Polo Gundin | Fene | Técnico de deportes |
Flora Carpente Leira | Lugo | Administración |
Dani Agulló lópez | Narón | Mestre |
Xoán Manuel. Estévez Freijeiro. | Vigo | Pensionista. |
Olaia Ledo Díaz | Narón | Audiovisual e marketing |
Felisindo González Iglesias | Eiras | |
Fernando Lacaci Batres | Compostela | Funcionario |