En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Carme Cociña Lugo Ensinante
María Fernández González Moaña Tcae
Marcos Conde Farto Vilaboa Sindical
Lucas Santomé Rubal Lugo
Alberto Álvarez Lugrís Pontevedra Profesor
Lois Dieguez Vázquez A Coruña Escritor
Carlos Baliñas Pérez Lugo Profesor USC
Alexandre Ripoll Anta A Coruña Profesor xubilado
Susana Luaces Lorenzo Narón Pensionista
Xan Fernández Bello Compostela
Manuel Ferreiro A Coruña Profesor UDC
Francisco Xabier Vazquez Fernandez A Coruña
Mª SOCORRO GIZ GARCÍA VIVEIRO MESTRA
Francisco Gago Fernández Verín Profesor
María Barreiro Pazos de Borbén Docente
Anxos Sobriño Pérez Pontevedra lingüista
Gloria Barcia Santomé Pontevedra
Paula Castro Lago Ames Xornalista
Fernando Rodríguez Lamela Narón Docente
Luís López Alonso
Anxo Louzao Rodríguez Compostela profesor
SERXIO GOMEZ VAZQUEZ Ourense Psicólogo
Nieves Rodríguez Brisaboa A Coruña profesora UDC
Maite lopez alonso Sarria Sanitaria
Iago Araujo Molina Pontevedra
Mónica Domínguez Cid Vigo Contable
Leticia Oubiña Mariño Illa de Arousa Docente
Marina Caldeiro Muñiz Narón
Xose López Sanmatín Ribeira
Natalia Lodeiros Souto Cambre Estudante