En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.
Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.
A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.
Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.
O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.
Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.
Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.
Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.
| Record ID | Concello | Asociación/Colectivo (só no caso que sexa unha sinatura na súa representación) | Date Recorded |
|---|---|---|---|
| 7038 | Ferrol | Enérxica S Coop Galega | 10 de Xaneiro de 2025 |
| 7527 | A Coruña | Empuje.net | 15 de Maio de 2025 |
| 7324 | Lugo | EDLG IES Sanxillao | 30 de Xaneiro de 2025 |
| 6850 | Ribeira | EDLG IES Número 1 de Ribeira | 12 de Novembro de 2024 |
| 7329 | Bergondo | EDLG CPI Cruz do Sar | 30 de Xaneiro de 2025 |
| 5086 | Santiago de Compostela | Edicións Laiovento | 20 de Outubro de 2024 |
| 7399 | Department of Languages and Cultures. Molloy University. New York | 16 de Febreiro de 2025 | |
| 5088 | Rábade | Departamento de Dinamización Lingüística IES Río Miño (Rábade) | 20 de Outubro de 2024 |
| 6977 | Folgoso do Courel | DELICIAS DO SOUTO - Doces de castaña | 17 de Novembro de 2024 |
| 7495 | Santiago de Compostela | DE NINGHURES | 22 de Marzo de 2025 |
| 6560 | A Laracha | David Bermúdez Dj | 29 de Outubro de 2024 |
| 6839 | Vigo | CUT | 12 de Novembro de 2024 |
| 7473 | Monforte de Lemos | ct.galega | 22 de Febreiro de 2025 |
| 7561 | Coristanco | CRA A Tarandeira | 5 de Abril de 2026 |
| 7222 | Ribadeo | Coral Polifónica de Ribadeo | 21 de Xaneiro de 2025 |
| 5925 | Pontevedra | Coordinadora de traballadores/as de normalización da lingua | 22 de Outubro de 2024 |
| 6564 | A Coruña | Consello Galego de Graduados Sociais | 30 de Outubro de 2024 |
| 6794 | Santiago de Compostela | Confederación ANPAS GALEGAS | 10 de Novembro de 2024 |
| 7351 | O Barco de Valdeorras | Concello do Barco de Valdeorras | 3 de Febreiro de 2025 |
| 7498 | San Sadurniño | Concello de San Sadurniño | 1 de Abril de 2025 |
| 6584 | Oleiros | CONCELLO DE OLEIROS | 30 de Outubro de 2024 |
| 7522 | Mazaricos | CONCELLO DE MAZARICOS | 9 de Maio de 2025 |
| 7013 | Barbadás | Concello de Barbadás | 2 de Decembro de 2024 |
| 7245 | Arzúa | Concello de Arzúa | 23 de Xaneiro de 2025 |
| 7492 | A Teixeira | Concello de A Teixeira | 19 de Marzo de 2025 |
| 7171 | Santiso | Concello de Santiso | 16 de Xaneiro de 2025 |
| 7524 | Ribadavia | Concelleiro Ribadavia. Colectivo Ribeiro en Común | 11 de Maio de 2025 |
| 7316 | Moaña | Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Domaio | 29 de Xaneiro de 2025 |
| 7445 | Tui | Comunidade de Montes Veciñais en man común de Areas-Tui | 20 de Febreiro de 2025 |
| 7310 | Moaña | Comunidade de Montes de Meira | 27 de Xaneiro de 2025 |
