En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Agustín González Ferro Ourense Psicólogo
Manuel Sanmartin González O Grove Xubilado
Carmela Moure Lema A Coruña Docente
Carme Carral Corbacho Pontevedra ensino
Moisés Rivadulla Fernández Santiago de Compostela Tradutor e intérprete
Xaime Pillado Silvoso Cambados Xubilado
MANUEL BECEIRO FERNÁNDEZ CACHEIRAS-TEO XORNALISTA
Maria Fernandez Fernandez A Fonsagrada Recepcionista
Mariluz Barreiro Otero Muros Docente
María Nogueira Rodriguez Ourense Atenciòn Primaria
Marta Lopez Blanco Vilamarin Dependenta
Dores Vidal Peón
Rafael Rodríguez Martínez Ferrol Mestre
RAQUEL COUTO ANTELO A CORUÑA ADMINISTRATIVA
Maria Consuelo Carballal Balsa Ferrol Due e prodesora
Nieves slvarez santamarina Vigo Medica
Benigno Prol Bouzo Ourense Xubilado
Carmen Cuesta Ferrol Profesora
Pilar Alonso González As Pontes Xubilada
José Manuel Díaz Martínez Ferrol Xubilado
Xabier Pazos Fondevila Lalín Traballador
Miguel López Torres A Coruña Traductor
Xosé-Bieito Coello Coello As Pontes xubilado
Fernando R. Dacosta Vigo Administración
Chema Ramberde Irimia Chantada Veterinario
Xela López Blanco Ourense Docente
Xose Manoel Perez Dadin Vilaboa Informática
águeda fraga pita outeiro de rei mestra xubilada
Alberto Oubiña Piay Pontevedra Concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra
Monica Alonso Lugo Artista