En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Diego García Couso Castro de Rei Profesor
miguel anjo gonzalez garcia A Coruña desempregado
ROBERTO RODRIGUEZ FERNANDEZ CANGAS
Pilar Gondar Vila Ogrove Coodadora
María Gómez Piñeiro O Porriño Estudante
Ramón Mª LOIS SANTOS OLEIROS ENXEÑEIRO TELECOMUNICACION
Xose Ramil Madrid Comunicación
Xesús Lantes Verín Xubilado
Luisa Dopico Rey Neda Profesora
Amalia Fernández Prieto Pontevedra Profesora
Sara Gómez Piñeiro O Porriño Traballadora Social
Filipe Diez Tominho Professor
María Xosé Martínez Bengoa Narón Xubilada do Ensino
EDUARDO MERA FERNÁNDEZ Narón Xubilado do Ensino
Antia Cortizas Leira A Coruña Docente
Xaquin Caamaño Ramos Negreira
silvino oroza cordido Burela
PILAR ESCARIZ QUINTAS A Fonsagrada
Aurellioi Rey Froján Portas Enfermeiro
Guillerme Fernández Compostela Músico
Xesús García Díaz Madrid Enxeñeiro
Rafael Soneira Do Canto Sanntiago de Compostela Reformado
Manuel Álvarez Fernández Navea Xubilado
Vicent Miralles Martí València Pensionista
Antonio Agrelo O Milladoiro Informática
Susana Gómez Vázquez Oroso Profesora de Educación Secundaria
Maria Cristina Hermida Moinelo Vigo Reformada
Francisco Luis Camposs Vaz Ourense Ensino
María salvado López Santiago de Compostela Xubilada
Manuel Da Cal Vasques A Coruña Agrarista