En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Yosua Martínez Rodríguez A Coruña Avogacía
Laura Alvariño Vázquez Cospeito Enfermeira
berta mosquera A Coruña Internacional
Ana Varela Trigo Cartagena,Murcia Coidadora persoa dependente
Martiña Fernández de la Torre Cuntis Hixienista dental
Ángeles Martín Méndez Pontevedra Mestra
Julián Bravo Rivero Vilagarcía de Arousa Informática
María Pilar Brocos Fernández Santiago de Compostela profesora universitaria
Rosana Posada Expósito Burela Xubilada
CARME VILARIÑO VILARIIÑO A Coruña FORMACIÓN
Xosé Bieito Legaspi Villamarín Gondomar profesor xubilado
escolma libraría o carballiño libraría
Sandra Irsheid Barros Santiago de Composteka profesoea
Marta Dacosta López Ferrol profesora instituto
Alicia Trashorras Madarro Lugo Educadora
Adolfo Muíños Sánchez Rianxo Alcalde
Lois Manoel Toirán Vázquez Baralla Mestre
Maghúa Asociación Cultural A Coruña Música tradicional
XOSÉ RAMÓN FEAL MARTÍNS LUGO FUNCIÓN PÚBLICA
Xoán Antón Moreda Pinto Foz Reformado
Eugenio Villaverde Rodríguez Pontevedra Xubiliado
Xesús Méndez Rodríguez Lugo Xubilado
Gonzalo Iván Vázquez Meijome Santiago De Compostela Docente
Teresa Nieto Vigo Arquitecta
Monica Nuñez Bua Ourense Integradora social
XOAN MANUEL TUBÍO FERNÁNDEZ OUTEIRO DE REI LUTHIER
Inácio Soto Coles. médico
Mario César Vila Santiago de Compostela Arqueólogo
Helena Suárez Estévez Ourense
Eugenio Vázquez Méndez Vigo Ferroviario