En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

2457 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
7307 Moaña FUNDACIÓN LEGAR 27 de Xaneiro de 2025
6320 Santiago de Compostela Fundación Galiza Sempre 24 de Outubro de 2024
6848 Agolada Fundación Eira 12 de Novembro de 2024
6537 A Laracha FOUCELLAS DA BILLARDA 28 de Outubro de 2024
6891 Mondoñedo Foro Social da Mariña 14 de Novembro de 2024
5079 Santiago de Compostela Foro Galego de Inmigración 20 de Outubro de 2024
7035 A Pobra do Caramiñal Fogos do Nazareno 10 de Xaneiro de 2025
7206 Coirós Fiandola 19 de Xaneiro de 2025
6583 Santiago de Compostela Feitoría Verde S. Coop. Galega 30 de Outubro de 2024
7201 Santiago de Compostela Federación Rural Galega - FRUGA 19 de Xaneiro de 2025
6680 A Coruña Federación Galiza Cultura 6 de Novembro de 2024
6345 A Coruña Federación Galega de Pesca e Casting 24 de Outubro de 2024
5658 A Coruña FarandOleiras 22 de Outubro de 2024
5060 Fala ceibe do bierzo 18 de Outubro de 2024
7450 Lugo Fábrica de Sons.Escola de Música 21 de Febreiro de 2025
6840 Carballo Estudo Fotográfico 12 de Novembro de 2024
6786 Escolas de Ensino Galego Semente 10 de Novembro de 2024
7014 Santiago de Compostela Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) 10 de Decembro de 2024
7125 Santiago de Compostela Erguer.Estudantes da Galiza 12 de Xaneiro de 2025
7241 Arzúa Ensino Vivo 23 de Xaneiro de 2025
5855 Burela Ensino e CS Xebra 22 de Outubro de 2024
7371 O Carballiño Eniac Informática 11 de Febreiro de 2025
7038 Ferrol Enérxica S Coop Galega 10 de Xaneiro de 2025
7527 A Coruña Empuje.net 15 de Maio de 2025
7324 Lugo EDLG IES Sanxillao 30 de Xaneiro de 2025
6850 Ribeira EDLG IES Número 1 de Ribeira 12 de Novembro de 2024
7329 Bergondo EDLG CPI Cruz do Sar 30 de Xaneiro de 2025
5086 Santiago de Compostela Edicións Laiovento 20 de Outubro de 2024
7399 Department of Languages and Cultures. Molloy University. New York 16 de Febreiro de 2025
5088 Rábade Departamento de Dinamización Lingüística IES Río Miño (Rábade) 20 de Outubro de 2024