En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.
Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.
A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.
Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.
O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.
Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.
Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.
Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.
| Record ID | Concello | Asociación/Colectivo (só no caso que sexa unha sinatura na súa representación) | Date Recorded |
|---|---|---|---|
| 7397 | Rianxo | Rianxo en Común | 16 de Febreiro de 2025 |
| 7009 | Ferrol | Rexenerando S. Coop. Galega | 27 de Novembro de 2024 |
| 6781 | Pontevedra | Retranca | 10 de Novembro de 2024 |
| 7369 | O Carballiño | Restaurante Casa Gazpara | 10 de Febreiro de 2025 |
| 6499 | Arzúa | Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural- Rede do Rural | 26 de Outubro de 2024 |
| 6871 | REDE DO PATRIMONIO | 13 de Novembro de 2024 | |
| 7190 | Melide | Rede de Consumo "O Careón" | 18 de Xaneiro de 2025 |
| 6970 | Rede da GaliLusofonia | 17 de Novembro de 2024 | |
| 7384 | O Carballiño | Pulpería PEPITA | 13 de Febreiro de 2025 |
| 6879 | Lugo | ProfesoradoGalicia.com | 13 de Novembro de 2024 |
| 6622 | Ponte Caldelas | Presidenta da Xunta de delegadas/os e Representante do alumnado no consello escolar do IES de Ponte Caldelas | 5 de Novembro de 2024 |
| 7360 | Moaña | Plataforma Proauditorio de Moaña | 5 de Febreiro de 2025 |
| 5081 | Santiago de Compostela | Plataforma polo Emprego | 20 de Outubro de 2024 |
| 5240 | Ponteareas | Plataforma N120 | 21 de Outubro de 2024 |
| 5740 | Arbo | Peña Celtista de Arbo | 22 de Outubro de 2024 |
| 5094 | O Grove | Patasdepeixe Editora | 20 de Outubro de 2024 |
| 7434 | Santiago de Compostela | Partido Galego | 20 de Febreiro de 2025 |
| 7379 | O Carballiño | Papelería CARLIN - O Carballiño | 13 de Febreiro de 2025 |
| 6880 | O Carballiño | OZOCOgz deseño galego | 13 de Novembro de 2024 |
| 6126 | Lugo | Ovica | 23 de Outubro de 2024 |
| 7471 | Arzúa | Óscar Rodríguez manjon BNG | 22 de Febreiro de 2025 |
| 6431 | Os Sibailas | 24 de Outubro de 2024 | |
| 7398 | Santiago de Compostela | Os Sentidos do Bosque | 16 de Febreiro de 2025 |
| 6772 | Valga | Os Penoucos | 9 de Novembro de 2024 |
| 7414 | Cerdedo-Cotobade | Os Estroinas | 18 de Febreiro de 2025 |
| 6881 | San Sadurniño | Obradoiro Dixital Galego | 14 de Novembro de 2024 |
| 6780 | Pontevedra | O Garaxe Hermético | 10 de Novembro de 2024 |
| 6843 | Santiago de Compostela | NOVA ESCOLA GALEGA | 12 de Novembro de 2024 |
| 7372 | O Carballiño | Na Rede Solucións WEB | 11 de Febreiro de 2025 |
| 6823 | Padrón | Música e baile tradicional | 11 de Novembro de 2024 |
