Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Xosé Luís Alonso González Pontevedra Xubilado
Miguel Arias Fernandez Ribadavia Informática
Ana Bringas López
Alberto salgado alonso vigo
Rodrigo Vaamonde Domonte Vigo Programador
Jesús Couto Darriba Vigo Administrativo
Lidia fariña piñeiro Vigo Xubilada
Juan Manuel Ledo Andión Lugo Xubilado
Leonardo Rodriguez Domínguez O Porriño Informático
Raquel Abraira Sobrado Meira Pasteleira
Xoan Xosé Santos Costa
Efrén López Fernández Vigo Analista programador
Arantxa Santos López Ribadeo Estudante
Patricia Maquieira Gómez Vigo Sanidade
Ana Martínez Piñeiro Vigo Bibliotecaria
Paulo Rios Santomé Moaña Administrativo
Pilar Rey Basteiro
Margarita Ledo Andion Santiago de Compostela Profesora USC
Adrián R. Bravo Vigo Administrativo
Elva Sobrado Abraira Lugo
María Martínez Nogueira Moaña Profesora
Patricia Sonora Rey
Susana Franco González Vigo Profesoea
Segundo Gonzalez Gonzallez Vigo Xubilado
Begoña Fernandez Lareo Pontevedra
Néstor Rego Candamil Santiago de Compostela Profesor
Celia Armas García A Coruña Profesora
Paulo Filgueiras Miño Profesor
Bieito Lobeira Domínguez Marín
Susana Méndez Teo Sindicalista CIG