Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Manuel Xestoso González
Xosé Ramón Pousa Santiago de Compostela Profesor
Xosé Diz Romay Ourense Funcionario
José Ramom Rodrigues Fernandes Oincii Reformado/jubilado
Xan Fernández Bello Compostela
Xosé Dios Diz Compostela Médico
Ana Isabel Paz Villar Castrelo de Miño Mestra
M Carmen Cabido Perez Verin Asesoria Fiscal
Xesús Domínguez Compostela Protésico dental
David Casado Neira Ourense Prof. Universitario
Xosé Abilleira Sanmartín Pontevedra Ensino
Xurxo Pere Pintos Vigo
Xoan Louzao Rodríguez Touro
Rosina Baños de Almeida Vigo Profesora
Manuel César Vila Santiago Professor
Iria Aldomar Dosouto Ourense Profesora
F. Xabier Álvarez Cid Allariz Docente
Antón Amor Becerra A Coruña
Xela Fernández Veloso Ourense Trabalhadora Sergas
Xesús X. Fdez. Iglesias Cangas Xubilado
Alberto Álvarez Lugrís Vigo Profesor
Xose Lois Agrasar Muiños Pontevedra Economista
Ansemo Rodríguez Iglesias Vigo Pensionista
NACHO GONZÁLEZ TORRES RIBADAVIA EMPRESARIO
XAQUÍN SOLIÑO MARTÍNEZ PONTEVEDRA Técnico
Manuel Forcadela Vigo Profesor Escritor
Daniel Castro García Ribadeo Estudante
Covadonga Durán Calvo Moñaña Mariscadora a flote
Manuel Mª Carnicero Ourense Avogado
Magia Cristina Hermida Moinelo Vigo Xubilada