Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Carlos Rodríguez Rodríguez Santa Comba Inmobiliaria
Sabina Rodriguez Vigo
Mª Nuria Araújo García Brión Profesora
Pilar Campo Domínguez (Marica) Lugo Escritora
María Pilar García Negro A Coruña Profesora
María Xosé Alfonso Torres Esteiro-Muros Profesora de secundaria
José antonio carrera gonzalez Vigo Museistica
Albino Fernande Bello Santiago Xubilado
Antón Méndez Gándara Ourense Veterinario
Rut Reza Ourense Danza
Xose Carlos Seráns Olveira Santiago Músico
BERNARDO ALONSO ALVAREZ CANGAS
Sabela Villena García Ferrol Empregada pública
Xosé Ramon González Losada Xubilados
CARLOS RODRIGUEZ CALVENTE Santiago de Compostela Profesor
Carmen Peña Hernández Pontevedra Traballora na UVigo
Natalia Lodeiros Souto Cambre Estudante
Laureano Araujo Profesor e tradutor
Carlos Boullón Agrelo A Pobra do Caramiñal Médico
Xana Matilde Ledo Díaz Santa Uxía de Ribeira Turismo
Catonio Rodríguez Rivera Vigo Mestre xubilado
Beatriz Caamaño As Neves
Montserrat Carreiro Fernández Vigo Enfermería
Lucía Salve Bouzo Ourense Funcionaria
Maria xose santos paz Santiago Administrativa
Roberto Pascual Rodríguez Vigo Profesor
Fernando Rei Maio Compostela Profesor de música
Bráulio Amaro PO Xubilado
Nicanor Arufe Garcia Ames Xardinería
Marí Pontevedra Profesora de universidade