Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Xan Bautista Cambón Rodríguez Poio Técnico Agrario
Alicia Pérez Carballiño Traductora intérprete
Xose Diego Perez Fontes Seixalbo/ Ourense Traballador do CHUOu
Lucía Carreira Pérez Santiago
Xulia García docobo Santiago de Compostela Bibliotecaria
Sabela Bará Louro Pontevedra Ensinante
Fdez Vázquez Xosé Ramón Compostela Ensinante
Odilo Barreiro Martínez Moaña Mestre
Cándido ventin amoeso Vigo Prexubilado
Valente Campos Gonzalez Cangas xubilado
beatriz mouriz lorenzo Lugo Laboratorio
M. Carmen Rita Pérez Vazquez Vigo Xubilada
Xabier Pérez Igrexas Vigo Concelleiro no Concello de Vigo
Silvia Aldrey Santiago Profesora
Fernando Rodríguez Núñez As Neves Xardineiro
Xulio Alvarez Crespo Carballiño Biologo
Artai Gavilanes Villar Ourense Estudante
Purificación Alvarez Vazquez Beran Leiro.Ourense Ax.Enfermeria
Martín Fernández Fernández Vigo Enxeñeiro
Oscar Gonzalez Alvarez As Neves Concelleiro
Xosé Francisco De Castro González O Carballiño Xubilado
Xose Anton Pedreira Mirás Santiago de Compostela axente cultural
Fernando Groba Bouza
María do Carme Vilas Iglesias Compostela Ensinante
marian araujo muiños santiago docente
Monica Noya perez Santiago
Hadrian Grille Negreira Vigo Enxeñaria
Antón Masa Vázquez Pontevedra Xubilado
Xerome Calero Prado Vigo Cidadán
Carme Cociña Cociña Cervo Profesora