Queremos Galego deu unha rolda de prensa en Lugo para anunciar a manifestación que haberá en Santiago de Compostela o 17 de maio. Tal e como anunciaron, prevese unha manifestación multitudinaria e festiva, para amosar orgullo de manter viva a lingua galega día a día. Desde Queremos Galego tamén se informou da disposición de autobuses desde diversos puntos do país. A información pode consultarse en www.queremosgalego.gal