Membros de Queremos Galego de Vigo estiveron diante da praza de abastos para dar unha rolda de prensa e realizar un reparto informativo sobre a manifestación que haberá en Santiago de Compostela o 17 de maio. Tal e como anunciaron, prevese unha manifestación multitudinaria e festiva, para amosar orgullo de manter viva a lingua galega día a día.