O vindeiro día 21 non podedes faltar á Marcha pola nosa Lingua!

co galego até a fin do mundo!Queremos Galego Bergantiños organiza para o vindeiro sábado día 21 de setembro un roteiro simbólico na defensa e reafirmación da nosa lingua.

A saída do roteiro será desde a “Cruz de Baixar” (cruceiro situado nun dos extremos da praia Langosteira, discount check en Fisterra) ás 11 da mañá, e percorreremos os 4 km. de distancia que nos separan até ao Faro de Fisterra onde, ademais dun grupo de gaiteiros, haberá varias intervencións por parte de persoas do mundo da cultura da Costa da Morte.

Agardámosvos o día 21 en Fisterra! Co galego até a fin do mundo!