Desde a Plataforma Queremos Galego gustaríanos manifestar o noso agradecemento a todas as persoas que colaboraron na organización da exitosa manifestación que vimos de celebrar este 17M, buy fora cal for a súa achega a este evento: apoios ao texto, achegas económicas, tadalafil participación no acto final, colaboración na difusión da convocatoria, traballos do servizo de orde… Sen a vontade e a participación de todas e cada unha das persoas que facemos e apoiamos Queremos Galego non sería posíbel un éxito semellante na defensa da nosa lingua.
Por suposto, agradecer tamén a participación de todas as persoas, miles de persoas, que nos acompañaron no percorrido da manifestación, e de todas aquelas que non puideron vir, pero dun xeito ou doutro manifestaron o seu apoio.
Con Bolaño e Rosalía presentes, co galego sempre no corazón e na cabeza, seguiremos loitando para non nos sentir estranxeiras na propia patria. Queremos Galego!!!