Queremos Galego convoca unha grande manifestación de unidade a favor da nosa lingua en Santiago o 17 de maio

Destacado

A convocatoria terá lugar baixo o lema “en galego sen límites” co que a plataforma cidadá pretende pór en evidencia os obstáculos para vivir en galego e a necesidade de superalos colectivamente

 Marcos Maceira: “É hora de que a Xunta de Feixó corresponda a dignidade que o pobo mostra mantendo viva a súa lingua”

 “A exclusión sistemática do galego de tantos espazos é mostra do Apartheid lingüístico legalizado no que aínda vivimos” Seguir lendo

Queremos Galego convoca unha concentración contra a sentenza do TSXG contra o galego en Lugo

Destacado

O primeiro acto contra a sentenza que limita o uso do galego polo concello de Lugo terá lugar o mércores 16 ás 11.30 diante do Concello

A plataforma cidadá advirte dos intentos de suprimir por vía xudicial os acordos comúns e unánimes conquistados pola sociedade galega

Seguir lendo