Milleiros de persoas manifestáronse polo dereito a vivir en galego sen límites

As rúas enchéronse para reclamar o dereito de usar o galego en todos ámbitos da súa vida cotiá

Marcos Maceira criticou Feixó polo incumprimento dos acordos en relación á lingua e “as declaracións de amor e novos plans para agochar o maltraro diario a lingua”

“A lingua non é un complemento senón necesidade para a existencia do pobo galego”

Mércores 17 de maio, Santiago de Compostela-. No días das Letras Galegas celebrouse en Santiago de Compostela unha multitudinaria manifestación polo dereito de vivir en galego sen obstáculos na que participaron miles de persoas. Co lema “en galego sen límites” a plataforma cidadá puxo en evidencia os innumerábeis obstáculos para vivirmos en galego con normalidade, e a exclusión sistemática do idioma da maioría dos espazos. A manifestación saíu da Alameda ás 12:00 h para chegar á Praza da Quintana ás 12:30h. Seguir lendo

Queremos Galego convoca unha grande manifestación de unidade a favor da nosa lingua en Santiago o 17 de maio

A convocatoria terá lugar baixo o lema “en galego sen límites” co que a plataforma cidadá pretende pór en evidencia os obstáculos para vivir en galego e a necesidade de superalos colectivamente

 Marcos Maceira: “É hora de que a Xunta de Feixó corresponda a dignidade que o pobo mostra mantendo viva a súa lingua”

 “A exclusión sistemática do galego de tantos espazos é mostra do Apartheid lingüístico legalizado no que aínda vivimos” Seguir lendo