Autobuses 17 de maio 2018

Horarios, prezos e paradas dos autobuses para a manifestación do 17 de maio de 2018. En galego día a día

Iranse actualizando cada día

A Coruña

Saída desde a Praza da Palloza ás 10:15 e terán unha parada diante de Seat Marineda (na Avda. Alfonso Molina) ás 10:30
Prezo normal: 5€. Persoas desempregadas e estudantado: de balde
Para poder facilitar a xestión dos buses habilitamos un formulario on line ou ben chamando ao teléfono 981.169.293 de 9:30 a 13:30 e de 17 a 20 horas

Lugo

Saída ás 10:00h diante do Edificio Sindical, na Ronda da Muralla
Prezo: 5€. Nenas e nenos de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 982.225.812

Ourense

Saída ás 10h do parque de San Lázaro
Prezo: 10€ xeral – 5€ estudantes
Para anotarse chamar aos teléfonos 666.162.330 ou 646.772.568
Data límite o 14 de maio ás 20h

Pontevedra

Saída ás 10:30h desde o pavillón dos deportes
Prezo: de balde
Para anotarse enviar correo a pontevedra@bng.gal, pontevedra@galizacig.gal ou chamando ao 986.866.205 ou 986.861.582

Vigo

Saída ás 10:00h desde o local da CIG, na rúa Gregorio Espino.
Prezo: 5€
Para anotarse chamar ao teléfono 986.827.900 até o 15/05/2018

O Morrazo

Cangas
Saída ás 10:15h desde a estación de autobuses
Prezo: 5€. Estudantes e persoas desempregadas de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 986.302.987 até o 11/05/2018

Moaña
Saída ás 10:30h desde A Xunqueira
Prezo: 5€. Estudantes e persoas desempregadas de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 986.302.987

Ferrolterra

Narón
Saída ás 10:00h
Para anotarse chamar ao teléfono 981.358.750 ou 981.364.058

Ferrol
Saída ás 10:30h desde a Avenida de Esteiro desde o local da CIG
Para anotarse chamar ao teléfono 981.358.750 ou 981.364.058

A Mariña

Saída ás 8:30h da estación de autobuses de Ribadeo
Prezo (adultos): 5 €
Para apuntarse chamar ao 982.140.654, 982.581.861 ou ao 605.377.317

A Barbanza

Ribeira
Saída ás 10:00 h desde a estación de autobuses
Prezo: de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 698.167.003 de 9:30h a 13:30h e de 16:30 a 20:30h

A Pobra do Caramiñal
Saída ás 10:15h desde a alameda
Prezo: de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 698.167.003 de 9:30h a 13:30h e de 16:30 a 20:30h

Boiro
Saída ás 10:30h desde a Praza do Concello
Prezo: de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 698.167.003 de 9:30h a 13:30h e de 16:30 a 20:30h

Rianxo
Saída ás 10:50h desde a parada de bus do peirao
Prezo: de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 698.167.003 de 9:30h a 13:30h e de 16:30 a 20:30h

Costa da Morte

Saída ás 10:00h desde a estación de autobuses de Cee
Para anotarse chamar ao 981.745.266

Baixo Miño

A Guarda
Saída ás 9:25h desde a alameda
Prezo: 5€. Estudantes e persoas desempregadas de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 986.610.465, no 616.090.632 ou baixominho@bng.gal até o 16/05/2018

O Rosal
Prezo: 5€. Estudantes e persoas desempregadas de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 986.610.465, no 616.090.632 ou baixominho@bng.gal até o 16/05/2018

Tomiño
Prezo: 5€. Estudantes e persoas desempregadas de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 986.610.465, no 616.090.632 ou baixominho@bng.gal até o 16/05/2018

Tui
Prezo: 5€. Estudantes e persoas desempregadas de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 986.610.465, no 616.090.632 ou baixominho@bng.gal até o 16/05/2018

O Porriño

Mondariz
Saída: 9:30h desde garaxe Barros
Prezo: 5€. Persoas desempregadas e estudantes de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 986.337.263

Ponteareas
Saída: 9:45h desde as piscinas
Prezo: 5€. Persoas desempregadas e estudantes de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 986.337.263

O Porriño
Saída: 10:00h desde o pavillón dos deportes
Prezo: 5€. Persoas desempregadas e estudantes de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 986.337.263

Queremos Galego convoca manifestación o 17 de maio baixo o lema En galego día a día

Reivindicarán o esforzo de miles de persoas e colectivos para normalizar a lingua fronte ao 155 lingüístico da Xunta

Marcos Maceira “É o pobo galego quen mantén a lingua viva, en solitario, e quen exerce as obrigas da Xunta de Galiza e coa mobilización diaria consegue avances”

Queremos Galego
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2018-. A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, anunciou hoxe a convocatoria dunha multitudinaria manifestación para o 17 de maio baixo o lema “En galego día a día”. A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.

O anuncio foi realizado hoxe polo voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, acompañado de membros da Xestora da plataforma cidadá, que sinalaron que ao longo dos próximos días e até a data da convocatoria desenvolveranse diversos actos nas comarcas galegas para informaren da convocatoria. Na web www.queremosgalego.gal  indicaranse os horarios e prezos dos buses que se porán a disposición de todas as persoas que desexaren acudir a Compostela a impulsar a plena normalización da lingua galega.

En galego día a día

Queremos Galego reclamará este 17 de maio o día a día das persoas que fan que a lingua viva mais ás que se lles exixe un esforzo que non terían que facer se quixeren utilizar unha lingua plenamente normal.

Este día a día é que consegue manter viva unha lingua que non só non conta con amparo institucional senón que recibe desamparo e agresividade sistemática.

Co lema “En galego día a día” a plataforma cidadá pretende reivindicar o apoio social crecente á lingua galega que contrasta coa actitude da Xunta de Galiza que mantén un 155 lingüístico de facto. Segundo indicou o voceiro da Plataforma, Marcos Maceira, “en Galiza é o propio goberno galego, co presidente Feixó á cabeza, quen actúa como un vulgar delegado do goberno español, renegando das funcións que lle dá o estatuto de autonomía e da alta representación de Galiza que debería exercer”. Como consecuencia, sinalou, “o galego é o único idioma oficial do Estado que diminúe en falantes e carece de apoio do seu propio goberno”.

queremos_galego_17M

O 155 lingüístico de Feixó

“O  155  de Feixó anula as competencias e a capacidade da Xunta de actuar e lexislar a favor do galego, e polo tanto todos os artigos ao respecto do Estatuto, a LNL,  ou acordos parlamentares unánimes como o PXNLG. En Galiza nin se aplica nin se aproba ningunha lexislación a favor do galego mais si se aplican as máis de 500 disposicións legais que obrigan ao uso do español en diferentes ámbitos”.

“Existe unha sociedade que actúa día a día para repor e normalizar a lingua galega, a través de centos de colectivos e entidades e en ámbitos moi diversos” e que estarán representados como todos os anos no acto final da manifestación. Indicou tamén que “son moitas as persoas que sen falar galego aspiran a vencer as barreiras de todo tipo que lle impeden o mínimo de seguridade precisa para facelo e que demandan mudanzas que faciliten a súa instalación na lingua propia de Galiza”.

“É o pobo galego quen mantén a lingua viva, en solitario, e quen exerce as obrigas da Xunta de Galiza e coa mobilización diaria consegue avances. Grazas ao activismo social o galego conseguiu pequenas vitorias que dan mostra forza do pobo galego, mais tamén de todo o que falta por avanzar”.

Como exemplo citou as compañías de seguros que comezan a cumprir a lei e ofertar pólizas en galego; compañías de telefonía móbil que se obrigadas a rectificar anuncios de desaparición das opcións en galego; ou transnacionais que modificaron regulamentos internos que impedían o uso do galego, non porque actúe a administración senón por acción da sociedade. “Canto mellor estaría o galego se a administración actuase minimamente?”, perguntouse.

Propaganda fronte ao día día

Porén por parte do goberno galego a única actuación é a propaganda coa anuncio dun novo Plan, esta vez para a mocidade. Maceira instou á Secretaría Xeral de Política Lingüísitica e ao Presidente Feixó, a comezar por eliminar as prohibicións de uso do galego e a consideración como lingua extranxeira no ensino.

Unha grande manifestación a favor do galego percorrerá as rúas de Santiago o 17 de maio baixo o lema “o idioma é a vida”

Queremos Galego reivindicará cambios na lexislación que eviten decretazos como o do ensino ou sentenzas como a do TSXG

 Marcos Maceira: “Vivir en galego é un dereito, troche non unha concesión”

 “A escasa e limitada lexislación que ampara o galego non pode ser utilizada para atacar os espazos conquistados para a lingua pola sociedade”

Sigue lendo