O portavoz da plataforma cidadá Queremos Galego, Marcos Maceira, fará declaracións ao medios na entrada dos novos xulgados das Fontiñas en Santiago (Rúa Berlín) ás 10.00, previas ao xuízo que terá lugar ás 10.10

Santiago de Compostela 5/01/2016-. A Delegación do Goberno impuxo unha sanción á plataforma cidadá Queremos Galego acusándoa de desperfectos e incidentes na manifestación do Día das Letras Galegas do 2013, observados presuntamente por policías malia as miles de persoas asistentes a través de redes sociais e os medios de comunicación teren sinalado o carácter pacífico e alegre desa e outras convocatorias da plataforma cidadá a favor da lingua galega.

Tal e como foi sinalado no seu momentoqueremosgalego-multa-01, a denuncia policial foi realizada tres meses despois de transcorrida a manifestación, sen máis testemuñas que os propios policías, acusando ao mesmo tempo dos mesmos feitos a colectivos que tamén se manifestaron, por outros motivos, en datas próximas polas rúas de Santiago.

Tras a denegación de varios recursos á sanción perante a delegación do goberno en Galiza e o Ministerio de interior, a plataforma cidadá Queremos Galego recorreu aos xulgados. A terza feira (martes) 5 de xaneiro, ás 10.10 terá lugar o xuízo no xulgado contencioso –administrativo de Santiago de Compostela. Previamente o portavoz de Queremos Galego, Marcos Maceira, valorará a actitude da delegación do goberno e do Ministerio do Interior.