8 de febreiro. Polas fillas dos nosos fillos. #QueremosGalego

Miles de persoas e colectivos representativos da ampla diversidade social que defende a nosa lingua mostraron estes días, decease por diferentes medios, ed o seu apoio á convocatoria da plataforma cidadá Queremos Galego de manifestación para este 8 de febreiro en Santiago.

Destacamos a continuación dous vídeos de apoio á manifestación que partirá ás 12h da Alameda de Santiago  e que contaron coa participación das seguintes actrices e actores: Ricardo de Barreiro, Quico Cadaval, Pepe Penabade, Laura Ponte, Lucho Penabade, Pepe Penabade, Isabel Risco, Teresa Rodríguez e Iria Sobrado.