Queremos Galego multiplica por oito as mobilizacións do Día das Letras

Marcos Maceira: “O PP quere criminalizarnos e que non se ouza a nosa voz, cheap a nosa resposta é multiplicar as manifestacións e concentracións do 17 de maio”

 Carlos Callón: “Hai que mobilizarse contra este goberno de dráculas”

 17 demaio14

Santiago de Compostela, medications 21 de abril de 2014.- A plataforma unitaria Queremos Galego, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e conformada por máis de 700 entidades so o obxectivo de defender a lingua de Galiza, deu esta mañá unha conferencia de imprensa para presentar a “mobilización expansiva” que van realizar nas sete cidades galegas e en Foz o vindeiro 17 de maio ás 12 h.

Marcos Maceira, que é membro da xestora de Queremos Galego e que desde o vindeir_DSC0110o sábado 26 asumirá a presidencia da Mesa pola Normalización Lingüística, puxo a énfase en que “calquera adianto no país conta sempre coa situación do idioma”, pois “a lingua non só é un baremo da situación xeral da nación, senón tamén unha ferramenta que permite avanzarmos conxuntamente e que ninguén fique atrás”.

Maceira laiouse de que “das exitosas mobilizacións que tivemos nestes anos en defensa do galego a única resposta que tivemos do Executivo é unha proposta de sanción económica”. No entanto, o activista exclamou que “as tentativas do PP por criminalizarnos e por facernos calar van ter agora unha resposta clara e contundente: a multiplicación por oito das nosas mobilizacións”. “Convidamos a toda a xente que ame a lingua galega a que participe”, concluíu.

Carlos Callón, que continúa a ser presidente da Mesa até a Asemblea Nacional que se realizará o vindeiro sábado, animou tamén “o conxunto da sociedade galega” a participar “nas mobilizacións expansivas contra este goberno de dráculas, que nos chuchan a economía, a poboación e tamén a lingua”. Ao respecto, o activista apuntou que “Feijóo actúa como un capataz para converter Galiza nun almacén de obra barata e recursos para malgastaren, mais Galiza non é un almacén: é unha nación, con lingua propia, e imos saír a exclamalo as veces que fixeren falta”.

O tamén portavoz nacional de Queremos Galego destacou que “a sociedade galega protagonizou nos últimos tempos as maiores manifestacións en defensa dunha lingua que se deron en Europa e, até onde sabemos, no mundo” e confía en que as manifestacións e concentracións do próximo Día das Letras “continúen nese camiño, sendo unha nova mostra masiva de dignidade”.

Pola súa banda, a coordinadora da plataforma, Susana Méndez, explicou o lema desta convocatoria, que é “Un paso adiante e outro adiante, Galiza”, co cal se reformula “o comezo dun inmortal poema de Díaz Castro, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras”. Méndez salientou que “hoxe é máis necesario que nunca moverse en defensa desta lingua milenaria” e que Queremos Galego fará todo o que estea na súa man “para que o noso idioma deixe de ser estranxeiro na súa patria” e dea “pasos adiante que contrarrestren tantísimos pasos atrás”.