O Apalpador entregoulle ao conselleiro carbón pola actitude que mantén contra o galego e libros no noso idioma para que rectifique a súa políticia lingüística e defenda as competencias educativas fronte ao goberno central.
A plataforma Queremos Galego, there que aglutina máis de 700 entidades, iniciou o calendario de mobilizacións previsto para exixir a derrogación do Decreto 79/2010 contra o galego e a elaboración dunha nova norma que teña como punto de partida o Plan de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento no ano 2004, a través dun acto diante das dependencias da Xunta onde ademais  exixiu a retirada do rascuño da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), popularmente coñecida como Lei da Wertgoña, pola involución que representa en canto ao uso das linguas diferentes ao castelán, nomeadamente a galega.

A plataforma Queremos Galego, que aglutina máis de 700 entidades, iniciou ocalendario de mobilizacións previsto para exixir a derrogación do Decreto 79/2010 contra o galego e a elaboración dunha nova norma que teña como punto de partida o Plan de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento no ano 2004, a través dun acto diante das dependencias da Xunta onde ademais  exixiu a retirada do rascuño da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), popularmente coñecida como Lei da Wertgoña, pola involución que representa en canto ao uso das linguas diferentes ao castelán, nomeadamente a galega.

No acto Queremos Galego contou co apoio do Apalpador, figura tradicional do nadal galego, que entregou carbón no rexistro dirixido ao Conselleiro de Educación Xesús Vázquez , segundo manifestou o portavoz da plataforma Carlos Callón “ante o mal comportamento do Conselleiro e Presidente da Xunta de Galiza e o desleixo nas súas obrigas institucionais de defender a presenza e a normalización da nosa lingua en todos os ámbitos”. O apalpador entregou tamén diferentes materiais educativos (libros de texto e de lectura), “non para que os queimen como fixeron tras a aprobación do decretazo, mais coa esperanza de que polo ben de Galiza e a súa lingua rectifique de cara ao vindeiro ano e defenda tanto as súas competencias en educación como a lingua galega fronte aos ataques do goberno central”.

O acto rematou cunha concentración ás portas da Consellaría de Educación, coa lectura dun manifesto que foi lido por Xosé Lois, autor do Carrabouxo, e onde Carlos Callón chamou a repetir as manifestación históricas a favor da lingua que nos une o 27 de xaneiro en Santiago de Compostela, co obxectivo de que a “Xunta derrogue este decretazo, declarado ilegal nos seus eixos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza”, e conseguir a retiradado proxecto de LOMCE, máis coñecido como Lei da Wertgoña, “quepretende consagrar un dereito descoñecido en calquera ordenamento xurídico como é o dereito a ignorancia, concretamente da lingua propia”.